Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA MAÑÁ OS ACTOS DA CAMPAÑA DE RECICLAXE "NARÓN CONTA CONTIGO"
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que haberá actos mañá e a vindeira semana en Odeón e que a campaña chegará tamén aos comercios e centros de ensino da cidade
Narón, 12 de decembro de 2019. O Concello iniciará mañá unha campaña para fomentar a reciclaxe e concienciar á cidadanía sobre a importancia de seguir este tipo de condutas. Para levar a cabo esta iniciativa actuarase en tres áreas, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que anunciou que a primeira das propostas se levará a cabo mañá pola tarde no Centro Comercial Odeón. Santalla animou á cidadanía a implicarse nestas actividades para que a campaña “Narón conta contigo” sexa un éxito e a nosa cidade continúe incrementando mes a mes as taxas de reciclaxe de diferentes tipos de residuos” Santalla explicou que persoal especializado na materia impartirá unhas charlas medioambientais mañá pola tarde, e tamén o vindeiro venres, día 20, de 18.00 a 21.00 horas, nunhas carpas que se instalarán en Odeón. “Eliximos esa ubicación para esta proposta porque nos ofrece a posibilidade de chegar a un maior número de persoas da nosa cidade”, apuntou o edil. As persoas que colaboren terán a oportunidade de recibir un agasallo, xa que se repartirán botellas reutilizables e bolsas realizadas con material reciclado, tamén reutilizables, que se intercambiarán por outras plásticas. Esta campaña reforzarase coa entrega de cartelería informativa entre os establecementos comerciais e hostaleiros da cidade durante a tempada de Nadal. Finalmente, a partir do 14 de xaneiro, apuntou Santalla, escolares de quinto e sexto curso de educación Primaria de centros de ensino da cidade tamén se implicarán nesta iniciativa, en colaboración co persoal do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón e tamén de persoal especializado en temas medioambientais, que se desprazarán ás aulas para traballar co alumnado sobre a importancia da reciclaxe. As sesións terán unha duración dunha hora e programáronse un total de vinte e oito que se sucederán nos colexios de Piñeiros, Ayala, Virxe do Mar, Jorge Juan, Santiago Apóstol, A Gándara, A Solaina e O Feal. “En total acudirán a estas charlas case 650 alumnas e alumnos destes centros”, avanzou Santalla, que subliñou a importancia de “traballar este tipo de materias con diferentes colectivos e especialmente cos nenos e nenas, que teñen tamén un papel fundamental á hora de colaborar no seu ámbito familiar e de amizades para sensibilizar sobre a importancia de reciclar e coidar o medio ambiente”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal