Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE NADAL
A maiores, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, esta semana haberá un obradoiro de empaquetado de contos e unha xornada de posta a punto de bicis e patinetes que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios
Narón, 16 de decembro de 2019. O Concello convoca un Obradoiro de elaboración de elementos de decoración de Nadal na Biblioteca do Alto. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que a cita terá lugar este sánado, día 21, nas citadas instalacións a partir das 11.00 horas e explicou que as persoas interesadas en anotarse deben facelo a partir de mañá ás 16.00 horas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. “Trátase dunha actividade pensada para público familiar, co que os nenos e nenas que teñan cumpridos os catro anos e o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes, requisitos imprescindibles, deben estar acompañados dunha persoa adulta nesta actividade”, indicou Taibo. A través desta proposta pecharase a programación do programa municipal Bibloespazo 2019, colaborando na ornamentación propia destas datas de Nadal, donde xa se poden ver luces, griñandas, coroas e candeas navideñas. Os participantes realizarán diferentes obxectos decorativos con materiais sinxelos, amosando a súa propia creatividade. Así mesmo, na xornada de mañá pola tarde, entre as 18.00 e as 20.00 horas a Biblioteca municipal acollerá o obradoiro programado para empaquetar os contos que persoas a título particular doaron para entregar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, para agasallar con eles aos nenos e nenas. Poden participar todas as persoas que o desexen, sen ser preciso inscribirse previamente. E tamén esta semana, o mércores, de 18.00 a 20.00 horas terá lugar unha actividade na que a Bilbioteca colabora co equipo de Educación Viaria de Narón para a posta a punto de bicicletas e patinetes doados por particulares para entregar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ofreceranse as ferramentas precisas para esa posta a punto, aínda que tamén é posible que as persoas que desexen colaborar leven as súas propias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal