Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS "METALMANÍA FAMILY SESSIONS" E "LAMBETADAS"
O Padroado da Cultura de Narón programou para o sábado 18 e o domingo 19 dúas propostas dirixidas a público familiar e infantil
Narón, 14 de xaneiro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dúas propostas dirixidas a público familiar e infantil. A primeira das citas será o sábado, día 18, con “Metalmanía Family Sessions”, a partir das 17.30 horas. Trátase do máis veterano tributo á banda Metallica, a cargo de Tertulia Producciones, con case vinte anos de experiencia sobre os escenarios e máis de 600 concertos. A duración do espectáculo é dunhas dúas horas e conta cunha gran posta en escena para facer gozar ao público en cada un dos shows. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros en venda anticipada e 15 euros o propio día da actuación, se ben os menores de 10 anos pagarán 9 euros. A segunda das propostas para esta fin de semana no Pazo é unha comedia teatral, “Lambetadas”, de Talía Teatro. Neste caso dará comezo ás 18.00 horas e terá unha duración aproximada de 45 minutos. A obra está dirixida a público familiar e infantil (a partir de 6 anos). As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral, 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos. Esta proposta ten entre os seus obxectivos fomentar a transmisión da cultura galega, ao centrarse en dous personaxes que sen saber quen son descobren que para saber a súa identidade teñen que saber que lles pasa ás súas linguas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal