Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS MOSTRAS DE TRABALLO ESCOLAR DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN COMEZAN MAÑÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL
Alumnado de segundo y tercer curso de la Escuela de Formación de Actores y Actrices protagonizará el recital poético "Sonetos e otros poemas", con entrada gratuita
Narón, 29 de xaneiro de 2020. Alumnos e alumnas de segundo e terceiro curso da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón iniciarán mañá as Mostras de traballo escolar do curso 2019-2020. Nesta ocasión, as profesoras Flor Maceiras e Celia Gómez, dirixirán o recital poético “Sonetos e outros poemas”, nos que participará o citado alumnado, que culmina así o primeiro tramo do curso e o traballo de Interpretación en verso. A cita será ás 20.30 horas nas instalacións do Auditorio municipal e a entrada é de balde, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. Esta actividade marcará o inicio das exhibicións públicas das Mostras de Traballo Escolar ante o público que se programaron con motivo do próximo remate do actual curso. Nesta ocasión, a través de “Sonetos e outros poemas” as persoas que se acheguen ao Auditorio terán a oportunidade de ver unha sinxela mostra cun esquema clásico de recital poético, desfrutando dunha escolma de sonetos de amor de recoñecidos autores, como Manuel María, Shakespeare ou Jorge Luis Borges, entre outros. Así mesmo, tamén se poderán escoitar poemas das máis importantes autoras da poesía universal, como a árabe Al-Khansa, a afgana Nadia Anjuman ou a libanesa Rafeef Ziada, entre outras. As directoras deste recital producido pola Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón serán Flor Maceiras e Celia González. O elenco estará formado por Mari Barro, Carlos Cobelo, Elisardo de la Cruz, Beatriz Deus, Víctor Díaz, Vicki García, Manuel López, José Piñeiro, Alexis Sequeiro, Saínza Ruíz, Soraya Barca, Miguel Curveira, Noel Díaz, Ánxeles González, Alberto Graña e Alba Puchau. Dende o Concello de Narón animan á veciñanza a acudir a este recital poético, no que poder gozar do traballo que realiza o alumnado da Escola de Formación de Actores e Actrices do Padroado da Cultura, nesta ocasión o da asignatura “Interpretación en verso”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es