Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE INDUSTRIAIS METALÚRXICOS DE GALICIA
Marián Ferreiro rubricou o acordo con Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, e a través do que se formará a 25 persoas desempregadas e empadroadas na cidade
Narón, 30 de xaneiro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un acordo de colaboración con Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) co fin de cooperar para o desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas de Narón e comarca. No acto estivo tamén presente a concelleira de Formación, Natalia Hermida. O obxectivo deste acordo é regular o marco de cooperación entre o Concello e Asime, co que esta última entidade formará e mellorará a empregabilidade de persoas desempregadas da cidade co obxectivo de insertalas laboralmente. Pola súa banda, o Concello cederá a Asime as instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, no polígono da Gándara, para que se impartan accións formativas, en horario de mañá e de tarde, entre os meses de febreiro e novembro deste ano, período no que se desenvolve o Programa Integrado para o Emprego concedido a Asime pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. A través do acordo darase formación a trinta persoas da comarca, das que 25 inscribíronse nas oficinas do Sepe correspondentes a Narón e están empadroadas na cidade, algo que valorou moi positivamente a rexedora local. Os itinerarios que se prevén facer serán sobre Soldadura e Loxística, en ambos casos con prácticas en empresas, tal e como indicaron dende Asime. “Estamos dispostos a colaborar co Concello en todo o que poidamos porque é moi importante que existan centros de formación como o voso”, asegurou Mallón, que agradeceu a colaboración prestada dende o goberno local naronés e recalcou que tivo un gran éxito de inserción. A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que as instalacións serán obxecto de varias melloras nos vindeiros meses, que permitirán dar maiores usos e agradeceu o interese amosado dende Asime polo traballo que en materia de formación se está levando a cabo na cidade”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es