Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O COLEXIO VIRXE DO MAR ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "USO DAS REDES SOCIAIS" DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DE ALUMNADO DE CENTROS DA CIDADE
O Concello e as Anpas convocan estas sesións, que se enmarcan no programa municipal "Fóra de xogo" e que se levarán a cabo tamén no IES Terra de Trasancos
Narón, 10 de febreiro de 2020. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que mañá terá lugar unha charla no colexio Virxe do Mar -17.30 horas- sobre “Uso das redes sociais” á que están convocadas as familias de alumnado dos colexios Santiago Apóstol, A Gándara, Ayala, A Solaina e Virxe do Mar. A cita enmárcase no programa municipal “Fóra de Xogo”, impulsado a través do Concello de Narón e que neste caso se difundiu tamén a través das Anpas dos centros de ensino da cidade, para así chegar a un maior número de persoas. Taibo explicou que esta mesma charla se celebrará no IES Terra de Trasancos o vindeiro 18 de febreiro -17.30 horas- para familiares de alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. Así mesmo, programáronse outras dúas charlas –nos mesmos centros e dirixidas ao mesmo colectivo- sobre “O xogo con apostas”, que serán o día 3 de marzo no colexio Virxe do Mar e o 10 dese mesmo mes no IES Terra de Trasancos. A persoa encargada de impartir as charlas será a pedagoga Anabel Mosquera, experta nestas materias e que informará aos asistentes sobre os riscos e consecuencias de determinados tipos de condutas, así como o xeito de detectalas, entre outros asuntos. Mosquera respostará a calquera posible cuestión que queiran plantexar as persoas que acudan a estas charlas, tal e como apuntou Taibo, que animou ás familias a acudir a estas xuntanzas “debido ao perigo que representan na sociedade actual, ao tratarse de condutas adictivas e problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías, e que está comprobado que cada vez afectan a persoas de menor idade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal