Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE "LIMPEZA INDUSTRIAL"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que se ofertan un total de quince prazas para este curso, que se desenvolverá entre os meses de marzo e xuño
Narón, 25 de febreiro de 2020. O Concello convoca un curso de Limpeza industrial para o que abrirá mañá mércores o prazo de inscrición. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que se ofertan un total de quince prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente nas datas de realización. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo dende mañá ás 8.30 horas ata o 4 de marzo ás 13.30 horas, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A duración total do curso é de 290 horas, das que 100 serán para realizar prácticas non profesionais en empresas. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá a convocatoria, entre o 11 de marzo e o 5 de xuño deste ano. As clases desenvolveranse de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas e as prácticas nas empresas no horario que determinen (cinco horas ao día). As persoas que realicen o curso abordarán temas como a Análise do sector; Empresas, especialidades e ocupacións, Produtos de limpeza, Técnicas xerais de limpeza industrial, Maquinaria empregada na limpeza industrial, Normas de prevención de riscos laborais e ambientais, Normas de utilización e seguridade na manipulación de produtos tóxicos e Actuacións ante situacións de emerxencia. A maiores, acudirán a módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, sobre a orientación laboral e busca de emprego e a sensibilización medioambiental.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal