Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE "XESTIÓN DE ALMACÉN-LOXÍSTICA"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que as persoas interesadas e que cumpran os requisitos establecidos poderán anotarse ata o 5 de marzo
Narón, 26 de febreiro de 2020. A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá mañá xoves, día 27, o prazo para inscribirse nun curso de Xestión de almacén-loxística. Os destinatarios do mesmo son persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente nas datas de realización, tal e como indicou a edil. O curso terá unha duración total de 295 horas, das que 100 se corresponden con prácticas profesionais non laborais. Poderán realizalo un máximo de quince persoas entre o 12 de marzo e o 16 de xuño no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas instalacións das empresas colaboradoras nas prácticas, según explicou Hermida. As clases teóricas desenvolveranse de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 e as prácticas nas empresas no horario que se determine en cada caso, a razón de cinco horas diarias. Tipos de almacén, estrutura e organización, Prevención de riscos laborais nas actividades de almacenaxe, Loxística, Inventario de existencias, operativa para preparar pedidos, Operacións de recepción, colocación, mantemento e expedición, Manexo e condución de carretilla elevadora e Sistemas e equipos para a xestión de almacén forman parte dos contidos teóricos deste curso. Así mesmo, o alumnado asistirá a módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, sobre a orientación laboral e busca de emprego, as novas tecnoloxías aplicadas á acción formativa, o emprendemento e sobre a sensibilización medioambiental, así como cinco charlas dunha hora de duración con profesionais do sector e expertos en selección de persoal e visitas profesionais. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo dende mañá ás 8.30 horas ata o 5 de marzo ás 13.30 horas, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal