Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SOLICITA EXTREMAR PRECAUCIÓNS TRAS DECRETAR A AEMET ALERTA LARANXA POR VENTO
O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, recordou que a alerta estará activada dende as 21.00 horas de hoxe ata as 9.30 horas de mañá sábado
Narón, 28 de febreiro de 2020. O Concello de Narón solicita á cidadanía que extreme as precaucións tras recibir un aviso emitido por Aemet dunha alerta laranxa por vento que se iniciará esta noite ás 21.00 horas e finalizará ás 9.30 horas de mañá sábado. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que recordou as recomendacións para este tipo de situacións. O edil indicou que ante esta alerta laranxa, con refachos que nalgunhas zonas poderán alcanzar os 100 quilómetros por hora, recoméndase á cidadanía evitar as actividades no exterior –parques, xardíns…-, e na medida do posible tamén os desprazamentos e o uso de vehículos lixeiros, como bicicletas e ciclomotores. A maiores, é preciso afastarse de zonas con árbores, paneis publicitarios ou outros obxectos susceptibles de desprazarse co vento e retirar das fiestras, balcóns e tellados obxectos que poidan caer á rúa.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es