Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APLICARÁ A PARTIR DO VINDEIRO LUNS CAMBIOS NO SENTIDO DE CIRCULACIÓN EN VIAIS DA ZONA DA GÁNDARA
O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, avanzou que as rúas Ferrol e Mugardos pasarán a ter un único sentido de circulación
Narón, 28 de febreiro de 2020. A Concellería de Seguridade Cidadá, presidida polo edil Román Romero, aplicará a partir do vindeiro luns, día 2 de marzo, unha serie de medidas de tráfico deseñadas na zona da Gándara para garantir a máxima seguridade do alumnado do colexio Santiago Apóstol e tamén maior fluidez no tráfico rodado da zona e habilitar máis prazas de estacionamento. Romero explicou que as rúas Ferrol e Mugardos son dous dos viais nos que se aplicarán cambios, xa que pasarán a ter un único sentido de circulación. No caso da rúa Ferrol, o sentido de circulación de vehículos será cara á rúa Bispo Argaya mentres que no caso da rúa Mugardos o sentido único será en dirección á Concepción Arenal. Esta medida permitirá ademais duplicar as prazas de estacionamento en ambas as vías, xa que estará permitido aparcar aos dous lados ao quedar un único carril central cunha soa dirección para a circulación de vehículos. Así mesmo, na rúa que discurre paralela ao túnel da estrada da Trincheira (saída nos semáforos da rúa Bispo Argaya) permitirase aos vehículos realizar novas manobras. Así o avanzou Romero, que indicou que a partir do luns estará permitido realizar o xiro cara á rúa Rafael Bárez e tamén a entrada no propio túnel en dirección á Trincheira, manténdose tamén o actual sentido de dirección cara á rúa Bispo Argaya. Esta mesma mañá entregouse a pertinente información dos cambios entre o alumnado do colexio Santiago Apóstol. A maiores, realizouse buzoneo para informar aos residentes nesa zona da Gándara dos novos cambios, que estarán debidamente sinalizados.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es