Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UNHA XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE AS LIÑAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DIRIXIDAS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS
A edil de Benestar Social, Catalina García, anunciou que a reunión terá lugar o vindeiro martes, día 3, ás 20.30 horas
Narón, 1 de marzo de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, mantivo esta semana unha xuntanza coa deputada provincial Ana Lamas, que preside a Comisión de Benestar Social e Educación da Deputación Provincial da Coruña, na que acordaron celebrar en Narón unha xuntanza informativa sobre as liñas de subvencións que a administración provincial mantén abertas para asociacións e entidades. García explicou que a reunión terá lugar o vindeiro martes, día 3, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura e avanzou que un técnico da Deputación da Coruña será o encargado de explicar aos asistentes o fin destas subvencións, así como o xeito de tramitalas e que tamén respostará ás cuestións que se poidan plantexar sobre as mesmas. A edil naronesa recordou que a través da área municipal de Participación Cidadá xa se remitiu a convocatoria ás asociacións e entidades inscritas no rexistro do Concello e animou aos representantes dos colectivos aos que se destinan as subvencións a acudir á xuntanza que se celebrará no Pazo.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es