Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA QUE AS FAMILIAS SOLICITEN PARTICIPAR NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentou o programa xunto con Maite Martínez e Manuel Romero, representantes na comarca da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Narón, 12 de marzo de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou esta mañá que permanece aberto o prazo para que as familias que o desexen soliciten participar no programa “Vacacións en Paz”. Maite Martínez e Manuel Romero, delegados na comarca da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), que impulsa esta iniciativa, acompañaron a García e coincidiron en facer un chamamento á participación para que familias da cidade se inscriban e acollan nas súas casas este verán a menores procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia. García explicou que ao estar aberto o programa, as familias que o desexen poden dirixirse ao primeiro andar do Concello para solicitar información sobre o mesmo e donde tamén os porán en contacto co persoal de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. Tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 986 262 637, ou a través do correo electrónico: info@sogaps.org. “Dous meses de acollida, dous meses de alegría”, é o lema deste programa, que ten entre os seus obxectivos, afastar aos nenos e nenas das elevadas temperaturas que se alcanzan nas zonas dos campamentos de refuxiados durante os meses de verán, concretamente en xullo e agosto, donde se poden chegar a rexistrar máis de 50 graos de temperatura. Así mesmo, unha vez na comarca coas súas familias de acollida, os menores reciben atención sanitaria e sométense a unha revisión médica. Os representantes na comarca de Sogaps agradeceron a colaboración prestada dende o Concello para, un ano máis, colaborar coa entidade para que poida manter este programa. Pola súa banda, García destacou o labor que desenvolve a asociación para traer aos menores e agradeceu “a colaboración das familias que se implican neste programa e colaboran traendo a eses nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf en condicións moi precarias, ofrecéndolles durante os meses que pasan aquí unha mellor calidade de vida alonxados de temperaturas moi elevadas e unha oportunidade de recibir atención sanitaria e gozar dunha nova experiencia de vida en ocasións por vez primeira”.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es