Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO MUNICIPAL DE COORDINACIÓN ANTE O CORONAVIRUS SUPERVISA O CUMPRIMENTO DAS MEDIDAS IMPLEMENTADAS PARA FREAR O AVANCE DO COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, está á fronte do equipo que permanentemente segue a evolución das medidas implementadas polas diferentes administracións
Narón, 15 de marzo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os representantes do equipo integrado polos diferentes departamentos municipais a través dos que se xestiona na cidade a crise do coronavirus, continúan traballando para supervisar o cumprimento das medidas implementadas dende o Concello e as administracións supramunicipais co fin de frear o avance do Covid-19. Ferreiro, que preside o citado equipo, reuniuse na xornada de onte co xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e co responsable do Speis de Narón, Rafael Pazos, co obxectivo de realizar un seguemento sobre as diferentes medidas de prevención en vigor. “Estamos mantendo reunións a diario co fin de coordinar do mellor xeito posible todas as actuacións que se precisan nunha situación de emerxencia como a que estamos vivindo”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa informou que axentes da Policía Local tiveron que intervir onte para recordar aos propietarios dalgúns establecementos de hostelería da cidade que os mantiñan abertos a obrigatoriedade de pechalos durante os vindeiros días, tal e como decretou o Goberno central. Ao respecto Ferreiro indicou que a un deles, ao desatender esta obrigatoriedade, se lle impuxo a pertinente sanción. Así mesmo, foi preciso revisar o cumprimento do peche dalgunhas instalacións municipais, concretamente nos casos da pista polideportiva do Couto, e da tirolina de Xuvia donde se retiraron os precintos e algunhas persoas accederon aos recintos, que foron novamente precintados. “Queremos apelar á colaboración cidadá a que cumpra coas medidas implementadas tanto dende a administración local como dende a autonómica e estatal”, subliñou Ferreiro, que incidiu no feito de que “aínda que son unha minoría, na xornada de onte detectamos algunhas situacións nas que tivemos que actuar, polo que solicitamos á cidadanía que atenda ás indicacións realizadas para, canto antes, poder frear entre todas e todos o avance do coronavirus”. Dende primeira hora desta mañá continuaron as tarefas de coordinación entre os diferentes equipos municipais, que ao longo da tarde seguirán en contacto permanente coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, para seguir pendientes da evolución da situación e de calquera posible actuación que se precise ao respecto. “Trala entrada en vigor do Estado de alarma decretado polo Goberno central, dende esta mañá axentes da Policía Local de Narón estiveron tamén colaborando realizando controis en estradas do municipio co fin de que se cumpran as medidas que implica en canto á limitación dos movementos da cidadanía”, explicou Ferreiro. A alcaldesa avanzou que a través dos medios oficiais do Concello se continuará ofrecendo á cidadanía toda a información ou calquera posible novidade respecto a esta situación. A través da web do Concello (www.naron.es), do Facebook municipal (Concello de Narón) e da canle de Whatshapp (Novas Narón) facilítase a información oficial ao respecto. Así mesmo, recordou que a través deses mesmos medios se poden consultar os números de teléfono aos que debe dirixirse a cidadanía para poñerse en contacto cos diferentes departamentos municipais (http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/3647/) , restrinxindo a atención presencial exclusivamente a aqueles casos que teñan concedida cita previa co persoal municipal. O persoal que traballa no Concello faráo en función a novos horarios e quendas preestablecidas e atendendo ás directrices indicadas dende o goberno local sobre o acceso ao edificio, uso de equipos e vehículos municipais, incidindo especialmente na importancia do uso de solución hidroalcohólica á hora de fichar –con indicacións ao respecto en todos os puntos de marcaxe e zonas de aseo- e na desinfección de equipos e zonas de traballo e vehículos municipais. Ferreiro instou á cidadanía a cumprir as indicacións das administracións e autoridades sanitarias e agradeceu “o traballo e esforzo que tantas persoas están realizando nestes días tan complicados e tamén a comprensión e colaboración da cidadanía nestes momentos, que son de vital importancia para evitar a propagación deste virus, con consecuencias tan devastadoras e que require da unión e colaboración de todas e todos nós”.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es