Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTÉN A RECOLLIDA DO LIXO EN DÍAS ALTERNOS E GARANTE A DESINFECCIÓN DIARIA DOS CONTENEDORES
Dende o Concello solicítase a colaboración cidadá para evitar que durante estes días o lixo se acumule fóra dos contenedores e contribuír a manter limpa a cidade
Narón, 23 de marzo de 2020. O Concello de Narón mantén o servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns en días alternos, co fin de garantilo atendendo aos turnos establecidos para o plantel pola empresa adxudicataria do mesmo. Dende a entrada en vigor desta medida, detectouse que nalgunhas zonas se rexistrou acumulación de lixo no exterior dos contenedores cando tiñan aínda capacidade no interior, polo que se procederá a deixalos abertos nos vindeiros días para que as veciñas e veciños depositen o lixo dentro dos mesmos e non deixen as bolsas fóra. “O feito de que algunhas veciñas e veciños depositen o lixo fóra é para evitar tocar os contenedores do lixo e ter contacto cos mesmos, pero temos que incidir en que debido á situación na que nos atopamos todos se limpan cada día, desinfectándoos, para garantir a máxima hixiene e evitar posibles riscos á cidadanía”, indicaron dende Servizos. De modo excepcional, e para evitar que se repitan estas situacións de acumulación de lixo fóra dos contenedores acordouse deixalos abertos “evitando así que se acumule o lixo polas rúas da nosa cidade e a pesar de dispoñer de capacidade suficiente para depositalo no interior dos contenedores”. Dende o Concello solicítase ás veciñas e veciños que, para evitar a posible acumulación de lixo, teñan presente que a recollida se realiza en días alternos. Os luns a recollida será por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo e zona semirural; os martes por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes; os mércores por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo, O Val, San Mateo e zona semirural; os xoves por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes, os venres por toda a zona urbana e a zona semirural; os sábados por Doso, Pedroso, Sedes e Cornido e os domingos por toda a zona urbana. “Se entre todas e todos temos en conta o día no que se realiza a recollida de lixo, depositándoo atendendo ás xornadas operativas do servizo, tamén contribuiremos a manter máis limpa a nosa cidade e a evitar na medida do posible que se acumule nos contenedores durante os días nos que non se realice o servizo de recollida”, subliñan.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal