Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ ESTE XOVES O PLENO COA PARTICIPACIÓN DOS EDÍS DA CORPORACIÓN LOCAL A TRAVÉS DA PLATAFORMA SKYPE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que a medida permitirá dar continuidade ao traballo da administración local facendo uso das novas tecoloxías e, recalcou, garantindo a seguridade das persoas que participarán na sesión
Narón, 24 de marzo de 2020. O Concello de Narón acollerá este xoves o pleno ordinario de final de mes, que debido á actual pandemia do coronavirus, coa conseguinte declaración do estado de alarma, e seguindo as medidas preventivas establecidas para o persoal, se celebrará a través da aplicación Skype. No salón de plenos do Concello estarán tan só a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os titulares da Secretaría e Intervención Municipal, se ben o resto de edís da corporación local se conectarán á citada aplicación para poder realizar as súas intervencións, tal e como explicou Ferreiro. A sesión dará comezo ás 10.00 horas. Os integrantes da corporación local recibiron un escrito no que se especifica como será o desenvolvemento da sesión plenaria, para a que esta mesma mañá se realizou unha proba da conexión dende unha das salas do segundo andar do Consistorio na que participaron a modo presencial a alcaldesa, o Secretario xeral do Concello e a interventora municipal. No documento remitido aos edís realízanse ademáis unha serie de recomendacións sobre a realización das intervencións, no caso de consideralo oportuno nalgúns dos puntos da orde do día, e tamén se indica que as votacións serán a voz alzada e se pedirán previamente a cada un dos concelleiros e concelleiras. No primeiro punto da orde do día inclúese a proposta de celebración telemática das sesións dos órganos representativos e de goberno do Concello (plenos, xuntas de goberno, comisións informativas e xuntas de contratación), unha medida contemplada na Dirección Xeral de Réxime Xurídico Autonómico e Local do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Así mesmo, a alcaldesa recordou que mentres estea en vigor o estado de alarma suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, reanudándose o cómputo ao rematar o decreto. “Coa celebración da sesión plenaria a través da aplicación Skype tratamos, como así acordamos entre a corporación local, de dar continuidade ao traballo da administración local, facendo uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación e evitando na medida do posible a parálise de certos trámites aos que podemos dar continuidade, priorizando en todo momento e garantindo a seguridade de todas as persoas que participarán na sesión”, explicou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal