Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA SPORT ZONE DOA Ó CONCELLO MATERIAL DEPORTIVO PARA O PROGRAMA DE EDUCACION VIARIA
O Alcalde e o director da firma en España firman un convenio de colaboración.
Narón, 14 de Abril de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o director de Sport Zone España, Celso Emanuel Vaz de Castro, firmaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal esta empresa doará material para o programa de Educación Viaria do Concello de Narón. A firma deportiva, de carácter portugués, atópase interesada na colaboración en materia de Educación Viaria que se imparte nos colexios públicos e concertados do Concello de Narón, e así o amosou hoxe coa firma deste acordo que ten unha vixencia de dous anos. O seu representante en España, Emanuel Vaz, agradeceu ó goberno municipal “o bo recibemento que estamos a ter en Narón” e destacou a “responsabilidade social que ten a nosa empresa cos nenos/as, contribuindo a mellorar a súa calidade de vida”, dixo. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, felicitou a Sport Zone pola súa sensibilidade “para traballar coa administración pública, e facer así que máis nenos e nenas da nosa cidade poidan participar neste programa de educación vial”, dixo. O convenio asinado hoxe permitirá tamén ós escolares de Narón beneficiarse de descontos na adquisición de material deportivo desta marca, para o cal se lles entregará un carnet de educación viaria co que poderán facer efectiva esta prestación. Sport Zone comprométese a doar material deportivo para realizar rutas en bicicleta para escolares, e completar o equipamento do carro de educación viaria do Concello de Narón, presentado recentemente. Tamén entregará diversos artículos para a II Marcha Ciclista Escolar, que hoxe foi presentada polos responsables do programa de Educación Viaria, Simón Cabarcos e Pedro Caneiro. Marcha Ciclista Escolar Nesta ocasión a Marcha celebrarase os días 8 e 9 de Maio, cunha participación prevista de 1.000 escolares. A marcha iniciarase nas inmediacións do hipermercado Alcampo, ata donde chegarán escolares de 3º a 6º de Educación Primaria dos colexios de A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, A Gándara, e Santiago Apóstol. Todos xuntos percorrerán a Estrada de Castela ata chegar ó Concello de Narón, onde se unirán os colexios de O Feal, Piñeiros, Ponte de Xuvia, e Jorge Juan. Así chegarán todos xuntos en caravana ata o paseo marítimo de Xuvia, onde estarán instaladas varias carpas e se realizarán actividades diversas –coma unha exhibición de trial bike-. Só poderán participar os nenos/as que traian a súa propia bicicleta e o casco homologado. O Concello de Narón permitirá a participación tamén de pais, nais, profesores e demais persoas interesadas, que acompañarán á Policía Local e membros de Protección Civil, ademáis das ANPAS, a Cruz Vermella e distintas agrupacións. Os nenos/as máis pequenos, os de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria que non acudan á marcha, poderán disfrutar na tarde do 8 de Maio de distintos xogos que se instalarán na Praza de Galicia. Neste lugar poderán xogar en dous circuitos de trial, dous hinchables e o circuito de educación vial do Concello de Narón. Estos elementos estarán instalados tamén na xornada do 9 de Maio, para que tódolos escolares de Narón poidan disfrutar deles.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal