Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZARÁ A LIMPEZA E DESINFECCIÓN VIARIA NO MUNICIPIO COA INCORPORACIÓN DUN SEGUNDO TRACTOR CON ATOMIZADOR
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que o novo vehículo comezará a funcionar mañá pola noite nas rúas do municipio
Narón, 28 de marzo de 2020. O Concello incorporará a partir de mañá un novo atomizador para completar as tarefas de desinfección viaria e de espazos públicos que se levan a cabo no termo municipal dende que se decretou o estado de alarma pola crise do coronavirus. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que “o novo atomizador está xa na nave de Servizos do Concello, polo que estamos en condicións de poñer a disposición do servizo de limpeza un segundo tractor municipal que, dotado da infraestrutura necesaria, comezará mañá pola noite a limpar varias rúas da cidade, reforzando o traballo que realiza o atomizador que leva traballando xa dende o pasado día 22”. Cada atomizador ten capacidade para botar 2.000 litros de hipoclorito de sodio –desinfectante composto a base de auga e lixivia- cada día e realiza un percorrido de quince quilómetros, tal e como indicou a rexedora local. “A entrada en servizo do segundo atomizador permitiranos avanzar considerablemente na desinfección das rúas da cidade, xa que se pode pulverizar máis espazo con e en menor tempo”, destacou Ferreiro. Así mesmo, recalcou que os atomizadores traballan cada noite “porque é cando menos xente e vehículos hai na vía pública, dado que ao longo do día rexístranse máis saídas de persoas que van traballar ou que saen por algún dos supostos contemplados no estado de alarma”. A maiores dos dous tractores con atomizador, tal e como recalcou Ferreiro, dende o Concello continúan traballando nas tarefas de limpeza para combatir a propagación do Covid-19 unha baldeadora con dúas persoas para realizar o servizo no rural, como limpeza nos accesos aos centros de saúde do Val e Pedroso e ás cooperativas do Val e San Mateo, a limpeza de beirarrúas no rural e tamén para as da zona semiurbana, como por exemplo no caso do Feal. Tamén está operativo persoal que dotado con equipos realiza as limpezas de accesos ao centro de saúde do Alto, edificios municipais abertos ao público e outros como farmacias, supermercados, panaderías… As zonas de acceso máis complicado desinféctanse manexando o persoal unhas sulfatadoras, que lles permite chegar a espazos máis concretos en casos como as marquesiñas, entre outros e no que respecta ao mobiliario urbán, nos parques e xardíns a empresa adxudicataria do servizo encárgase de desinfectar os bancos, papeleiras…, tal e como explicou a alcaldesa. Ferreiro incidiu en que “dende o Concello continuamos adoptando as medidas que están ao noso alcance para combatir a propagación do coronavirus e ofrecer ás veciñas e veciños as máximas garantías de seguridade e sanitarias no marco das nosas competencias”. A alcaldesa destacou o labor que “de todas esas persoas que durante o estado de alarma están traballando nunha situación tan complexa para loitar contra esta pandemia e garantir á cidadanía os servizos básicos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal