Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRAMITARÁ A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA E VÍA CORREO ELECTRÓNICO OS CERTIFICADOS DE EMPADROAMENTO PARA ACOLLERSE Á MORATORIA HIPOTECARIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou de que a medida se adoptou ante a crise do Covid-19
Narón, 30 de marzo de 2020. As persoas que precisen solicitar un certificado de empadroamento para acollerse á motatoria do pago dos préstamos hipotecarios (certificado histórico colectivo) decretado polo Goberno central ante a crise do Covid-19 deben facelo a través de dúas canles. Así o explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que indicou que no caso de que se dispoña de firma ou certificado de firma electrónica o trámite pode relizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón –cun acceso dende a web municipal: www.naron.es-. No caso de elixir esta opción, hai que acceder ao Catálogo de Servizos e, a continuación, nos grupos de procedementos, seleccionar o de Trámites xerais, para seleccionar tramitar a Solicitude xenérica (TX-01), donde se debe achegar como documentación anexa unha imaxe dos DNI das persoas maiores de idade que figuran como empadroadas nese domicilio. O certificado achegarase para a súa recollida na propia Sede Electrónica do Concello de Narón. A segunda das canles para poder facelo, tal e como apuntou Ferreiro, é enviando un correo electrónico aos enderezos: f.castro@naron.es ou m.yanez@naron.es. Nese mesmo correo electrónico deben adxuntar as imaxes dos DNI das persoas maiores de idade que van a figurar no certificado, que se remitirá ao mesmo correo electrónico dende o que se solicitou. As persoas que desexen aclarar posibles dúbidas ao respecto poden facelo chamando ao número de teléfono: 981 337 700 (extensión: 1506), ou dirixirse aos correos electrónicos anteriormente indicados.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es