Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ELABOROU UN PROTOCOLO DE ACCESO AO CENTRO DE SAÚDE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que o protocolo, que inclúe a cesión de uso do Auditorio municipal, se puxo en marcha esta mesma mañá para evitar aglomeracións no centro sanitario
Narón, 13 de maio de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a posta en marcha, hoxe, dun protocolo de acceso ao centro de saúde do Alto realizado polo Concello. “Persoal de Protección Civil de Narón e do centro de saúde están aplicando dende esta mañá este protocolo, co que evitamos a concentración de pacientes no centro sanitario”, explicou Ferreiro. A medida xa se comunica telefonicamente ás persoas que chaman solicitando cita no centro de saúde e no caso dos que se achegan ao centro así llo traslada o persoal sanitario que está nos accesos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse o pasado luns con persoal do centro de saúde e de Protección Civil para coordinar este protocolo. O protocolo a seguir é dirixir aos pacientes con probas programadas ao recibidor do Auditorio municipal, na Praza de Galicia, accedendo por unha porta lateral e donde as recibe un responsable do centro de saúde, que vixía o cumprimento das medidas establecidas. Unha vez no Auditorio persoal sanitario cun listado coas citas vai recibindo aos pacientes tras verificar que teñen cita e informa das pertinentes medidas de seguridade e hixiénicas, xa que no propio Auditorio se marcaron –con indicadores realizados dende o Concello- as distancias no chan e o percorrido a realizar para a saída –dividido en dúas filas- e tamén se proporciona aos pacientes mascarilla, no caso de que non leven, e solución hidroalcohólica. O persoal que está no centro de saúde contacta coa persoa do mesmo centro desprazada ao Auditorio –a través de equipos de comunicación de Protección Civil- e indícalle cantos pacientes poden pasar, co que os autoriza para saír do Auditorio –pola porta principal- para dirixirse ao centro de saúde polo acceso ubicado tamén na Praza de Galicia. No caso de que os pacientes precisen esperar algún resultado, unha vez que saen do centro sanitario teñen que regresar ao Auditorio, donde esperarán de novo a que os chame persoal do centro de saúde. A través deste protocolo, tal e como explicou Ferreiro, tamén se estableceu o número de persoas que poden permanecer en cada planta do centro de saúde, que son 42 atendendo á distribución. “Os asentos e zonas de bancos están debidamente sinalizados, para que os pacientes saiban donde poden sentarse gardando as distancias de seguridade”, apuntou a alcaldesa. A maiores, no protocolo realizado polo Concello, indicou “delimitouse unha escaleira para subida de persoas e outra para baixada, para evitar aglomeracións en espazos reducidos e tamén se sinalizaron os corredores que só se poden utilizar nunha dirección”. Ademais de respectarse as medidas de distanciamento social, tanto no centro de saúde como no Auditorio, nestas últimas instalacións tamén se intensificaron as labores de limpeza e desinfección dos espazos antes e despois de cada xornada, reorganizouse o espazo e designouse a unha persoa para controlar o acceso e saída das instalacións, coordinada co persoal do centro de saúde. “Dende o Concello cedemos o Auditorio municipal para establecer, en coordinación con persoal do centro de saúde, un protocolo de acceso ás citadas instalacións, establecendo unha serie de normas que deberán cumprir todas as persoas para garantir as medidas hixiénicas e sanitarias establecidas con motivo da crise sanitaria provocada polo coronavirus”, subliñou Ferreiro. “Solicitamos a máxima colaboración para que tanto o persoal que traballa con este protocolo, sanitario e Protección Civil, como os propios pacientes, dispoñan de todas as garantías precisas para evitar a propagación da Covid-19”, recalcou a alcadesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal