Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA REUNÍRONSE COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
A rexedora local, Marián Ferreiro, explicou que na xuntanza, que se celebrou vía telemática, ofreceuse a colaboración do goberno local para impulsar unha campaña dirixida ao sector
Narón, 15 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, mantiveron na tarde de onte unha reunión, de xeito telemático, con representantes da Asociación de Comerciantes de Narón. O encontro, convocado polo goberno local, tiña entre as súas finalidades abordar o desenvolvemento dunha campaña sobre o comercio local, “plantexada co obxectivo de ofrecer ao sector a colaboración do Concello para paliar as perdas que rexistra o sector tralo cese na súa actividade na maioría dos casos ou a merma de ingresos debido á crise sanitaria pola Covid-19”, explicou Ferreiro. No transcurso da reunión Ferreiro e Pita analizaron cos comerciantes algunhas cuestións relativas á actual situación do sector e quedaron en reunirse de novo dentro duns días para poder concretar algunhas opcións respecto a esta nova iniciativa. “Dende o goberno local continuamos impulsando diversas medidas encamiñadas a impulsar diferentes sectores, entre eles o comercial, da nosa cidade, afectado pola crise do coronavirus e ao que tamén ofrecemos o respaldo que dende a administración local lle poidamos prestar para tratar de minimizar os efectos da situación que estamos vivindo”, asegurou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal