Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA 2ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR DE NARÓN
Coa asistencia de alumnos e alumnas de tódolos colexios do municipio
Perto de 1.000 estudiantes dos colexios de Narón participaron o pasado 8 de Maio na 2ª edición da Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Concello de Narón en colaboración cos colexios do municipio, baixo a coordinación do equipo de Educación Vial. Pedro Caneiro e Simón Cabarcos fixeron de guías durante a ruta que levou ós escolares dende A Gándara ou O Feal -dependendo do colexio- ata o Paseo Marítimo de Xuvia. Alí lles agardaba unha exhibición de trial, e actividades para animar esta xornada deportiva, na que participaron alumnos/as de 3º a 6º de Educación Primaria. Os escolares de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, que non poideron participar por cuestións de idade, tiveron a sua propia celebración na tarde do 8 de maio, na Praza de Galicia. Alí instaláronse dous hinchables, un camión de 20 metros de lonxitude convertible nun circuito de bicicletas, e o circuito de Educación Vial do Concello de Narón, que viaxa polos colexios do municipio. Os pequenos poideron disfrutar dunha tarde de xogos, que ó día seguinte fíxose extensiva a tódolos rapaces e rapazas da comarca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal