Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO NO CONCELLO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DA COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os portavoces municipais gardaron un minuto de silencio antes de iniciar a Xunta de Portavoces con motivo do remate dos dez días do loito oficial en memoria das vítimas
Narón, 5 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse este mediodía por vía telemática, ás 12.00 horas, cos portavoces dos grupos municipais para abordar diferentes asuntos relacionados coa administración local. Antes de tratar eses temas, gardaron un minuto de silencio con motivo do remate, esta medianoite, dos dez días de loito oficial convocados pola Federación Española de Municipios e Provincias en recordo das vítimas da Covid-19. O Consistorio sumouse tamén á convocatoria de loito, por parte do Consello de Ministros, e nos últimos dez días as bandeiras do Concello ondearon a media asta e colocouse un crespón negro na estatal en sinal de loito polas persoas falecidas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal