Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA"
Pequenas empresas, microempresas e autónomos da cidade son os destinatarios deste programa, ao que se poderán acoller ata mañá martes, incluído
Narón, 8 de xuño de 2020. O prazo para solicitar as subvencións do programa municipal “Narón impulsa” rematará mañá pola noite, ás 23.59 horas. As empresas, microempresas e autónomos da cidade que queiran solicitar estas axudas e que aínda non o fixesen dispoñen de prazo hoxe e mañá para realizar os trámites na Sede Electrónica do Concello. As subvencións ás que optan os solicitantes, en función da situación de cada empresa, son de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros, en base a unha partida habilitada dende o Concello que ascende a tres millóns de euros. Máis de 750 empresarios e empresarias da cidade solicitaron nas últimas semanas esta liña de axudas, concebida para minimizar os efectos da crise da Covid-19 no sector. Poden acollerse a estas subvencións microempresas, pequenas empresas e autónomos que durante este período tiveron que cesar na súa actividade ou viron mermada a súa facturación en alomenos un 75% dende que se decretou o estado de alarma. As empresas deben cumprir unha serie de requisitos, como manter a actividade empresarial para a que foi concedida ata o 31 de decembro deste ano e, no caso de ter empregados, manter como mínimo o 50% do plantel que se declare no momento de presentar a solicitude para acollerse a este programa. A información ao completo e a tramitación están dispoñibles a través da Sede Electrónica do Concello de Narón (sedeelectronica.naron.es) e da web municipal: www.naron.es, donde tamén está publicada a guía do programa “Narón impulsa”. As subvencións, de contías fixas, serán de 2.000 euros para aquelas persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as (inclusive) a 1 de marzo deste ano; de 3.000 para persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as (incluído) tamén a 1 de marzo e, por último, de 4.000 euros para o mesmo colectivo pero cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as (inclusive) a 1 de marzo deste ano. Para obter máis información ou solventar dúbidas, as persoas interesadas poden dirixirse ao correo electrónico: a.lagoa@naron.es ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123).

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es