Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINARÁ 48.000 EUROS Á DEMOLICIÓN DE DÚAS VIVENDAS RUINOSAS LOCALIZADAS EN XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que se demolerán as vivendas localizadas nos números 899 e 901 da estrada de Castela
Narón, 14 de xuño de 2020. O Concello habilitou unha partida de 48.278 euros para proceder á demolición de dúas edificacións ruinosas localizadas en Xuvia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que trala realización dos trámites oportunos, que levaron á incoación do expediente de declaración de ruina dos inmobles localizados nos números 899 e 901 da estrada de Castela –no cruce de confluencia coa estrada de San Xiao- o goberno local culminará un proceso que permitirá solventar definitivamente unha problemática localizada na zona. A titularidade das dúas casas osténtaa un grupo inmobiliario que se atopa actualmente no procedemento de execución de títulos xudiciais e para o que resultaron infructuosas as notificacións realizadas, tal e como se indicou dende o Concello. Por este motivo, explicou Ferreiro “ao declararse en situación de ruina debido ás condicións que presentan as edificacións e ordenarse a súa demolición, o Concello procederá á execución subsidiaria, atendendo á normativa establecida para este tipo de casos, que contempla a esixencia dos gastos, unha vez realizados os traballos, ao titular dos inmobles”. No expediente realizado dende o Concello, según recordou a alcaldesa, constátase que debido ao mal estado de conservación dos dous inmobles e á posibilidade de que isto afecte a edificacións colindantes e á propia vía pública, “é preciso actuar de inmediato para evitar que o proceso se demore no tempo, que as vivendas sigan deteriorándose e poida haber maior risco de derrumbe”. Ferreiro incidiu en que “en todo momento, dende o goberno local estivemos realizando os trámites marcados pola administración para que o propietario dos inmobles asumira a súa responsabilidade de mantelos en condicións óptimas, pero ante as reiteradas e infructuosas notificacións ao administrador da entidade, hai meses que instalamos uns andamios para protexer aos viandantes mentres continuaba o procedemento e agora actuaremos de xeito subsidiario para poder garantir a seguridade tanto no tránsito rodado como peonil e incluso do edificio colindante”. A alcaldesa recalcou que “ante a próxima demolición das dúas casas cumprimos un compromiso adquirido no seu día coas veciñas e veciños de Xuvia, aos que queremos agradecer a súa comprensión polo tempo transcorrido, que foi necesario para completar este proceso e cumprir a normativa para xestionar este tipo de situacións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal