Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ANALIZA COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE A VIABILIDADE DE IMPULSAR UN PROXECTO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA NO VAL
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e representantes da asociación "Terra Rendible", visitaron as instalacións do convento de Baltar para estudar a posibilidade de implantar alí o proxecto
Narón, 16 de xuño de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, desprazouse ás instalacións do convento de Baltar, na parroquia do Val, xunto con representantes da Asociación Terra Rendible, entre eles o actual presidente, Manuel Fernández, para analizar a viabilidade de desenvolver na zona un proxecto de agricultura ecolóxica. Pita explicou que “as instalacións presentan actualmente un estado que permitiría levar a cabo alí o proxecto, que se vai concretar nos vindeiros meses para presentalo formalmente co fin de acadar os permisos necesarios para materializalo”. A idea da que parte o proxecto é dar un impulso na zona ao sector primario, “como saída laboral para determinados colectivos como mozas e mozos ou persoas desempregadas”, tal e como avanzou Fernández, que destacou a “receptividade amosada dende o Concello para colaborar con nós”. Para materializar esta proposta, sería preciso que se autorizase –a orde dos claretianos é a propietaria das instalacións- a apertura de alomenos parte do recinto para realizar a formación teórica e, ao mesmo tempo, otra zona para levar a cabo a parte práctica deses obradoiros que impartirían profesionais en agricultura ecolóxica, co fin de impulsar este tipo de actividade en Narón. O edil naronés asegurou que se trata “dunha moi boa iniciativa coa que poderiamos colaborar dende o Concello porque consideramos que sería un novo proxecto que se sumaría a outros xa en marcha e que tamén contribuiría a potenciar o rural naronés”. Así mesmo, Pita destacou a disposición do Concello para colaborar nesta iniciativa “que parte dunha entidade de Narón, con sede na parroquia do Val, e a través da que diversificariamos as actividades que se levan a cabo na cidade”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es