Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA COMUNICAR AO CONCELLO A REALIZACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
As comunicacións para as de San Xoán poderán realizarse ata mañá venres e as de San Pedro ata o 25 de xuño, en ambos casos por teléfono
Narón, 18 de xuño de 2020. As persoas que desexen realizar unha comunicación previa no Concello para realizar as fogueiras nas noites de San Xoán e San Pedro deberán facelo ata mañá (incluído), no caso das primeiras, e o 25 de xuño no segundo. As comunicacións poden realizarse chamando –en horario de 8.30 a 13.30- ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1206), debendo facilitar o nome e apelido do solicitante, así como o seu número de DNI, como persoa responsable da fogueira, e tamén indicar a dirección de residencia e a ubicación na que se levará a cabo a fogueira. Dende o Concello incidiuse en que se deben extremar ao máximo as medidas de seguridade, podendo consultar toda a normativa ao respecto no Bando emitido pola alcaldía na páxina web do propio Consistorio, a través do enlace: https://bit.ly/3ft4MkO. As comunicacións que se reciban no Concello quedarán rexistradas a través dunha aplicación para que o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) dispoña dun mapeo da ubicación de cada unha delas, para facilitar o seu traballo no caso de que se requerise a súa presencia. Non poderán realizarse en espazos públicos e a afluencia máxima será de 25 persoas, tal e como establece a actual normativa. Ante calquera posible incidente débese chamar ao número de teléfono 112.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal