Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA FIN DE SEMANA Á CIDADE
O vehículo localizarase o venres 26 nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o sábado 27 xunto á Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 22 de xuño de 2020. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde desprazarase esta fin de semana á cidade. Na xornada do vindeiro venres, día 26, a unidade permanecerá estacionada nas inmediacións do centro de saúde do Alto, entre as 15.30 e as 21.00 horas, e o sábado día 27 estará nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 10.00 e as 15.00 horas. Con motivo de incrementar a seguridade tanto do persoal da unidade como das persoas que acudan a doar sangue a estas unidades, debido á crise da Covid-19 recoméndase solicitar cita previa para realizar a doazón, chamando ao número de teléfono 900 100 828. Dende ADOS inciden ademais en que en cada procedemento se seguen uns exhaustivos protocolos de seguridade, como medida preventiva. Así mesmo, recalcan a importancia de cumprir todas as indicacións do persoal sanitario e de gardar, como mínimo, unha separación dun metro de distancia nas zonas de espera habilitadas para realizar as doazóns.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es