Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ITINERARIO "ECOSISTEMAS DE NARÓN LIC XUVIA-CASTRO"
A cita, que terá lugar o vindeiro sábado, día 27, enmárcase no programa municipal de educación ambiental "Narón en Transición", tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 22 de xuño de 2020. O programa municipal de educación medioambiental “Narón en Transición” retoma a súa actividade o vindeiro sábado, día 27, cun novo itinerario didáctico: “Ecosistemas de Narón LIC Xuvia-Castro”. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que as persoas que queiran participar –hai un máximo de 20 prazas- deben anotarse no correo electrónico: info@sedega.com ou no Servizo Sociocomunitario municipal (no primeiro andar do Concello, con acceso pola Praza de Galicia), ata o día 26 de xuño. O formulario de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello: www.naron.es. O itinerario consta dun percorrido de aproximadamente 5,4 quilómetros, que partirá do apeadoiro de FEVE de Sedes ás 11.00 horas e con regreso previsto ao apeadoiro de FEVE en Xuvia sobre as 14.30. “Trátase dun percorrido de baixa intensidade, que poden realizar persoas de todas as idades e que discorrerá por un bosque de ribeira, donde profesionais na área de medio ambiente irán explicando e analizando as diversas especies que se poden atopar neses espazos e tamén como funcionan os muíños de rodicio, ademais de ofrecer consellos medioambientais”, avanzou Galego. No caso de que participen persoas menores de 14 anos os pais/nais ou titores/as responsables deben cubrir un documento –que está no propio formulario, na web do Concello- no que autoricen a participación do menor na actividade. Na propia ficha da actividade, que tamén se pode descargar, contémplanse actividades medioambientais e un caderno de campo para a recollida de mostras. O edil naronés incidiu en que “para cumprir as indicacións das autoridades sanitarias, é obrigatorio levar mascarilla cando non se poida manter a distancia de seguridade e as actividades que se van levar a cabo axustaranse tamén ao protocolo sanitario”.
Descarga de archivos
Itinerario
Tamaño:3,35 MB
Ficha de inscrición
Tamaño:125,91 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es