Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FREMAP BONIFICA CON 6.500 EUROS AO CONCELLO POLA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL REXISTRADA NO ANO 2019
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe de mans do director da delegación en Ferrol de Fremap, Joaquín García, unha mención honorífica para o Consistorio
Narón, 23 de xuño de 2020. A Dirección Xeral da Seguridade Social autorizou a través dunha resolución, bonificar ao Concello de Narón cunha partida de 6.516 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello ao director da delegación de Ferrol da mutua Fremap, Joaquín García, que lle entregou unha mención honorífica para o Consistorio “por distinguirse durante o exercicio na contribución da redución da sinistralidade laboral, dacordo cos requisitos establecidos no Real Decreto 231/2017, de 10 de marzo”. Dende o ano 2010 o Concello naronés recibiu periodicamente diferentes contías en concepto da diminución e prevención da sinistralidade laboral. A realización de actividades preventivas e accións formativas sobre riscos laborais dirixidas ao persoal que traballa no Concello, nomear a un responsable de prevención na área, e vixiar a saúde dos traballadores e traballadoras, entre outros, son algunhas das cuestións a ter en conta á hora de conceder este recoñecemento ao Concello, que conta dende o ano 2005 cun Comité de Seguridade e Saúde Laboral. A alcaldesa agradeceu o recoñecemento outorgado dende a Fremap ao Concello e destacou o traballo do persoal do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e a colaboración, “fundamental”, subliñou, de todo o persoal do Consistorio para poder acadar esta distinción e garantir a seguridade de todas e todos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es