Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO XEOLOCALIZOU A TRAVÉS DUNHA PLATAFORMA AS PRETO DE 400 COMUNICACIÓNS PARA REALIZAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recalcou a importancia de xeolocalizar as fogueiras ante posibles incidencias e de cumprir as normas establecidas para poder realizalas con todas as garantías de seguridade
Narón, 23 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado nos últimos días para xeolocalizar cada unha das comunicacións recibidas no Concello para realizar fogueiras nesta noite de San Xoán. “A finalidade deste labor, pioneiro, é ter perfectamente localizadas cada unha das fogueiras que arderán esta noite na nosa cidade, o que nos permite facilitar considerablemente o traballo dos servizos de emerxencia no caso de que, ogallá non sexa preciso, se requira a súa presencia por algún incidente”, subliñou Ferreiro. Os datos están rexistrados a través da tecnoloxía Arcgis, coa que o Concello, en colaboración coa empresa Abtemas, realizou un traballo similar durante o estado de alarma para entregar cubrebocas entre a veciñanza da cidade. “Trátase dunha plataforma moi útil para diferentes departamentos municipais e coa que levamos varios meses traballando”, recordou a alcaldesa, que incidiu en que “os datos están totalmente protexidos conforme o require a lexislación vixente e non son públicos”. No caso das comunicacións das fogueiras, persoal do Speis pode acceder entrando na plataforma á ubicación exacta, coa referencia catastral e unha persoa e teléfono de contacto de cada unha das fogueiras, tal e como se comunicou ao Concello. “Ante calquera posible incidencia os bombeiros de Narón localizarán en cuestión de segundos no mapa a fogueira e os datos do seu responsable, unha tarefa que resulta imprescindible para minimizar riscos ao acortar tempose que na zona rural, cunha maior dispersión e donde se rexistran a maior parte das comunicacións, facilita moito o desprazamento dos profesionais do servizo”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa agradeceu o traballo que realizaron todas as persoas que fixeron posible xeolocalizar as fogueiras particulares e incidiu na importancia de que en cada unha delas se cumpra cada unha das medidas de seguridade establecidas –que se poden consultar nun bando municipal, a través do enlace: https://cutt.ly/uu7aj5U para evitar posibles incidentes, ante os que se debe alertar ao servizo do 112.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal