Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETIRARÁ MAÑÁ OS CONOS QUE IMPEDÍAN A CIRCULACIÓN RODADA POR UN TRAMO DA ESTRADA DA TRINCHEIRA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que mañá pola mañá se restablecerá a circulación rodada en todo o vial
Narón, 25 de xuño de 2020. O concelleiro de Seguridade, Román Romero, anunciou que o Concello retirará mañá –a primeira hora- os conos localizados nun tramo dun carril da Estrada da Trincheira (FE-11) e que se instalaron tras decretarse o estado de alarma para favorecer o tránsito peonil pola zona. O edil naronés recordou que o Goberno Central atendeu a petición formulada polo Concello para reservar un tramo dese vial ao tránsito de peatóns durante o período da desescalada. A medida que se avanzou nas sucesivas fases e con motivo do retorno paulatino á “nova normalidade” dende o Concello retiraranse os conos que restrinxían o paso de vehículos por un tramo da estrada da Trincheira, recuperando todo o vial para a circulación rodada a partir de mañá, tal e como explicou Romero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal