Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ AO PÚBLICO DENDE O VINDEIRO 1 DE XULLO ATA FINAIS DE OUTUBRO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas que formaban parte da bolsa de emprego municipal se encargarán de atender as instalacións
Narón, 29 de xuño de 2020. O vindeiro 1 de xullo e ata finais do mes de outubro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada en Freixeiro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas e que formaban parte da bolsa de emprego municipal que atenderán as instalacións. A subvención concedida é para catro meses, tempo no que permanecerá operativa a oficina, tal e como indicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida. O horario de apertura será de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, según avanzou a concelleira de Turismo da cidade, Natalia Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual. “A crise sanitaria obrigounos a pospoñer a reapertura da oficina este mes, tal e como estaba previsto”, explicou Hermida, que subliñou que “funcionará con plenas garantías sanitarias tanto para o persoal que a atende, que terá á súa disposición os medios precisos, como para as persoas que se acheguen ata as instalacións para solicitar información sobre a cidade en particular ou do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou Hermida. As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, mentres estea aberta ao público, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal