Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS POR UN IMPORTE GLOBAL DE PRETO DE 60.000 EUROS CON ENTIDADES SOCIAIS E VECIÑAIS
Marián Ferreiro destacou que a través destes acordos se continuarán prestando determinados servizos e ofrecendo actividades á veciñanza de Narón
Narón, 6 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou nos últimos días varios convenios de colaboración con entidades sociais e veciñais que traballan na cidade. A sinatura, debido ás restricións impostas en materia de prevención da Covid-19, realizáronse sen que os representantes das entidades se tivesen que desprazar ao Concello, “co fin de evitar que tiveran que vir ao Concello, donde se continúa atendendo con cita previa para evitar aglomeracións de persoas”. A suma total que a administración local destinará aos sete acordos rubricados é de 57.995 euros, tal e como indicou Ferreiro, que explicou que se asinaron os da Asociación de Pais de nenos con problemas psicosociais (Aspaneps), a Asociación de pais de persoas con trastorno de espectro autista (TEA, Aspanaes), Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), Confederación Galega de Persoas con discapacidade (Cogami), Dignidad-Galicia, a Fundación Santo Hospital da Caridad e coa Asociación de Veciños Chafarís, do Alto. A alcaldesa explicou que “a través destes convenios continuaremos ofrecendo dende a administración local ás nosas veciñas e veciños unha serie de servizos e actividades, así como información e asesoramento, que se ofrecen dende cada unha destas entidades e dirixidas a colectivos específicos”. En virtude ao convenio con Aspanemi ofrécese tamén información, asesoramento e atención nos centros de atención residencial e diurna ás persoas con trastorno autista e con cargo ao de Aspaneps continuarase desenvolvendo o proxecto de “Atención socioeducativa Concello de Narón 2020”, dirixido a menores con necesidades de orientación e apoio no seu desenvolvemento psicosocial e educativo a través de catro áreas: comunicación e logopedia, atención educativa ao neno ou nena con necesidades específicas de aprendizaxe, grupo de apoio socioeducativo e orientación familiar. A través do acordo coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra desenvolverase un programa de atención a persoas con discapacidade, centrado nas persoas xordas; con Cogami manterase un servizo para dar resposta ás demandas de atención especializada a persoas con discapacidade, con especial atención ao colectivo de risco (desempregados, persoas con baixos recursos…), da cidade e con Dignidad un programa de atención de familias e persoas en situación de desamparo e risco social, dentro do programa do Centro de Recursos Solidarios. A maiores, a través do convenio rubricado coa Fundación Santo Hospital da Caridad, continuará a disposición do Concello o albergue para acoller a persoas sen teito ou en situación de emerxencia por desafiuzamento, así como as instalacións hospitalarias para acollemento de maiores, por indicación médica, en situación de saúde física ou psíquica determinada, para que o usen mentres se xestiona unha praza nunha residencia de maiores a través do Servizo Sociocomunitario municipal. Por último, a través do convenio coa AVV Chafarís desenvolveranse nas instalacións da entidade programas municipais e actividades como ximnasia físico-terapéutica dirixidas á veciñanza. “Un ano máis, asinamos estes convenios para que as entidades do Concello ou que traballan coa administración local poidan seguir ofrecendo á cidadanía os seus servizos, estes meses condicionados polas medidas de prevención da Covid-19 pero primando en todo momento a atención ás persoas e, en función dalgunha destas entidades, aos colectivos máis desfavorecidos ou que presentan algunha enfermidade”, subliñou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal