Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO E ALBERTO GONZÁLEZ ASINARON UN CONVENIO A TRAVÉS DO QUE NARÓN IMPLANTARÁ O SERVIZO DE SANEAMENTO EN VIVENDAS LIMÍTROFES DE VALDOVIÑO
A alcaldesa de Narón e o alcalde de Valdoviño destacaron a colaboración entre administracións para prestar servizos á veciñanza e optimizar recursos
Narón, 10 de xullo de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, asinaron esta mañá no Concello naronés un convenio de colaboración entre ambas administracións para a prestación material do servizo de evacuación e tratamento das augas residuais nun núcleo de vivendas ubicadas en Valdoviño, nas proximidades dos límites territoriais fixados entre os dous concellos. Ferreiro indicou que a empresa mixta concesionaria deste servizo na cidade, Cosma, prestará o servizo aos propietarios e propietarias desas vivendas situadas no termo municipal limítrofe de Valdoviño. Pola súa banda, tal e como apuntou González, o Concello valdoviñés remitirá unha relación dos inmobles, vivendas e particulares que se poidan acoller a este convenio e interesados na prestación deste servizo, tal e como constará nun documento asinado polos afectados. Estes últimos, á súa vez, deberán aboar ao Concello de Valdoviño os custes derivados das obras de acometida e actuacións materiais que se requiran e as tarifas pola prestación do servizo, recibindo a empresa Cosma as pertinentes liquidacións desas tarifas. No convenio asinado esta mañá recóllese tamén que Narón implantará e manterá o servizo nos inmobles a través da exclusiva execución das acometidas nos lugares nos que previamente existe a rede, dentro do seu termo municipal. Marián Ferreiro e Alberto González coincidiron en destacar a importancia deste acordo de colaboración entre as administracións, en canto que “permitirá ofrecer un servizo a través das redes de saneamento e abastecemento pertencentes ás redes municipais de Narón a un conxunto de vivendas que carecían do mesmo e a outras que se poidan construír na zona nun futuro, realizando acometidas ou pequenas ampliacións da rede ata os colectores”. Os rexedores de Narón e Valdoviño subliñaron a importancia da colaboración entre administracións para, como neste caso, realizar actuacións que redunden en beneficio das súas veciñas e veciños e, ao mesmo tempo, optimizar recursos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal