Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OBRAS DE MANTEMENTO DA REDE ELÉCTICA OBRIGARÁN A CORTAR PARCIALMENTE O SUBMINISTRO O VINDEIRO XOVES EN VARIOS LUGARES DE SAN MATEO
O Concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou da comunicación remitida pola empresa subministradora na que se anuncia a medida, que será efectiva entre as 8.00 e as 11.30 horas
Narón, 21 de xullo de 2020. O edil de Servizos, Ibán Santalla, informou sobre o aviso remitido ao Concello pola empresa Grupo Naturgy de interrupcións no subministro eléctrico que terá lugar o vindeiro xoves, día 23, entre as 8.00 e as 13.00 horas en instalacións de varios puntos da cidade. A empresa indicou que as zonas que se verán afectadas se corresponden con lugares da parroquia de San Mateo: Calliqueira, Fontela e Vilar. A medida establecida pola empresa subministradora responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como indicaron. Dende a empresa solicítanse de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal