Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA NA SESIÓN PLENARIA DO CONCELLO A ADXUDICACIÓN, Á EMPRESA ACCIONA SERVICIOS URBANOS SRL, DO CONTRATO DE SERVIZOS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA
O contrato totaliza a cantidade de 30.805.945,20 euros para os dez anos de duración estipulada
Narón, 30 de xullo de 2020. No Pleno ordinario celebrado esta mañá no Concello resultou aprobada por maioría a adxudicación á empresa Acciona Servizos Urbanos SRL do contrato do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria do Concello de Narón, cos votos a favor do equipo de goberno municipal TEGA – PsdeG e as abstencións do PP e o BNG. O contrato totaliza a cantidade de 30.805.945,20 euros para os dez anos de duración. Nesta adxudicación incorpóranse melloras salientables na prestación do servizo como son, entre outras, a modernización e adaptación da gestión do servizo ás novas tecnoloxías, campañas de concienciación ambiental e estudo da evolución do reciclaxe para implementar unha maior participación da cidananía no coidado do medio ambiente. Así mesmo, evidenciaranse melloras no equipamento urbano de contenedores, papeleiras e puntos limpos de proximidade, así como na maquinaria a utilizar. Entre outros asuntos, foi aprobada por unanimidade a proposta de homenaxe institucional en recordo das vítimas da Covid-19 e a modo de recoñecemento do intenso traballo, o compromiso e a xenerosidade que durante a pandemia desenvolveron os diferentes colectivos profesionais e voluntarios e voluntarias na nosa cidade para atender ás nosas veciñas e veciños. Celebrarase esa homenaxe o vindeiro 23 de Novembro, coincidindo co Día de Narón, festividade local e data moi sinalada para todas as naronesas e naroneses. Foi, así mesmo, aprobada por unanimidade unha Declaración Institucional de apoio ás traballadoras e aos traballadores do Hospital “Juan Cardona” de Ferrol. No apartado de mocións, foi aprobada por maioría, cos votos a favor de TEGA, PSdeG e BNG e os votos en contra do PP, unha moción para instar á Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para garantir un comezo de curso seguro debido á pandemia da Covid-19.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal