Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE AO TRÁFICO RODADO DO CAMIÑO DO LODAIRO E A RÚA BERGANTIÑOS A PARTIR DE MAÑÁ
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a medida responde ao avance das obras de reforzo da rede de saneamento nun tramo da estrada de Castela
Narón, 19 de agosto de 2020. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou o corte ao tráfico rodado, a partir de mañá ás 8.00 horas, do Camiño do Lodairo e da rúa Bergantiños. A medida responde, tal e como explicou, ao avance na execución dos traballos de reforzo da rede de saneamento nun tramo da estrada de Castela, concretamenteo comprendido entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro. Romero indicou que a previsión da empresa que realiza as obras é reabrir de novo ao tráfico rodado mañá a última hora o Camiño do Lodairo, se ben a rúa Bergantiños permanecerá cortada unha semana, debido ás actuacións que se levarán a cabo. O edil naronés solicitou de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida, necesaria para poder executar uns traballos moi necesarios na zona.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal