Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MODIFICA A ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA ADAPTALA Á SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19
A nova ordenanza contempla cambios respecto ao número de deportistas que poden acceder ás instalacións e uso de duchas e vestiarios, e inclúe una modalidade de pago proporcional en función das sesións
Narón, 19 de agosto de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o pleno extraordinario no que se aprobou a modificación da ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas. A medida lévase a cabo para avanzar cara á nova normalidade debido á situación provocada pola Covid-19 e, en concreto, atendendo ás súas repercusións no eido deportivo. O concelleiro de Facenda, Román Romero, explicou que as modificacións aprobadas permitirán incluír aspectos que non estaban incluídos na ordenanza e que farán posible adaptala á actual situación. Entre os cambios figura, tal e como indicou, a inclusión dunha modalidade de pago proporcional para permitir aumentar ou diminuír, según o caso, o número de sesións para determinadas actividades. Así mesmo, reduciranse algunhas tarifas para paliar “os efectos adversos que a nova normalidade ocasiona a clubs e entidades deportivas no desenvolvemento das actividades que levan a cabo nas instalacións municipais”. Eses efectos, tal e como figura no pertinente informe, implican cambios e limitación no número de deportistas que poden acceder ás instalacións, restricións sobre o uso de duchas e vestiarios, do tempo de uso autorizado das instalacións… para minimizar posibles riscos de contaxio do coronavirus entre as usuarias e usuarios das instalacións deportivas municipais. A nova ordenanza entrará en vigor ao día seguinte de publicarse no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa. Finalmente a alcaldesa explicou que esta modificación se realizou “para que poida entrar en vigor o antes posible, adiantándonos aos avances nesta situación de nova normalidade” e recalcou que “dende o goberno local estamos tamén traballando nunha nova ordenanza que contará coas achegas de clubs e outras entidades deportivas”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es