Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL RESPALDA O MANIFESTO DA CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-2021
O bipartito naronés, TEGA e PSOE, presentou una moción aprobada no pleno do mes de xullo solicitando á Xunta protocolos e garantías sanitarias con motivo do inicio do curso escolar
Narón, 20 de agosto de 2020. O goberno municipal de Narón quere manifestar públicamente o seu apoio ao manifesto da Confederación de Anpas Galegas sobre o próximo inicio do curso 2020-2021. Dende o colectivo alertouse da “fonda preocupación” das familias galegas pola situación sanitaria, asistencial e educativa que se presenta de cara á volta ás aulas, incidindo en que “está mal organizado” e solicitando a implantación dunha serie de medidas que permitan garantir a seguridade do alumnado. Un plan de acollida emocional ao alumnado; reorganización dos currículos das materias do vindeiro curso, contratación de persoal de enfermería e educadores sociais en todos os centros, mantemento sistemático da distancia de seguridade cos espazos, profesorado e persoal de apoio necesario, posibilidade de non asistir á clase do alumnado en situación de risco sanitario ou que conviva con persoas nesa situación e garantía de detectar e atender as fendas dixitais son, a maiores da limpeza e hixiene dos centros educativos e servizo de transporte escolar, algunhas das medidas que require a Confederación de Anpas Galegas. Unhas medidas que tamén se consideran necesarias dende o goberno local de Narón e que debe asumir a administración da que dependen as competencias educativas, neste caso a Xunta de Galicia. No pleno celebrado o pasado mes de xullo aprobouse unha moción presentada polo bipartito naronés, TEGA e PSOE, instando á Xunta a elaborar un protocolo consensuado cos representantes da comunidade educativa para garantir a seguridade na volta ás aulas ante a crise da Covid-19 e no que se incluísen varias medidas encamiñadas a ese fin.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es