Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DE REFORZO DA REDE DE SANEAMENTO ENTRE O CAMIÑO DO PINO E O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO
Marián Ferreiro destacou que tanto as vivendas das vías perpendiculares ao tramo como as instalacións do novo centro de saúde se beneficiarán desta intervención
Narón, 20 de agosto de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse co edil de Servizos, Ibán Santalla, e co xerente de Cosma, José Manuel Marcote, ata a zona na que se están executando dende hai uns días as obras de reforzo de saneamento dun tramo da estrada de Castela, entre o Camiño do Pino e o parque fluvial de Freixeiro. Ferreiro asegurou que os traballos, cun prazo de execución de tres meses, “avanzan a moi bo ritmo” e recordou que se trata dun investimento de 108.653 euros. Así mesmo a alcaldesa destacou que “se trata dunha intervención que permitirá solventar un problema que se rexistraba nesa zona do termo municipal con motivo das sobrecargas que se producían no colector en tempadas de moita choiva”. As obras consisten na renovación e ampliación da capacidade hidráulica da rede de saneamento no tramo no que actualmente se executan, na marxe dereita do vial en dirección cara a Freixeiro. “Estanse instalando tubarías cun diámetro maior e tamén se renovará o colector localizado nesa zona, co fin de evitar as sobrecargas que en ocasións se producían na rede”, explicou a alcaldesa. As vivendas localizadas nas rúas perpendiculares a ese tramo da estrada de Castela –Camiño do Pino, rúas Muíño, Velázquez, San Andrés…- beneficiaranse destes traballos, que permitirán tamén conectar a rede procedente do novo centro de saúde, tal e como apuntou Ferreiro.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es