Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRAMITOU NO REXISTRO MUNICIPAL NOS ÚLTIMOS TRES MESES PRETO DUN MILLAR DE DOCUMENTOS DIRIXIDOS AO GOBERNO CENTRAL, Á XUNTA E A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor que se está realizando en Narón para axilizar a veciñanza da cidade e doutros concellos a tramitación de documentos co Sistema de Interconexión de Rexistros e o seu incremento dende que se restableceu a atención presencial sen cita previa
Narón, 22 de agosto de 2020. O Concello de Narón tramitou nos tres últimos meses a través do Rexistro municipal un total de 859 documentos co Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). Esta modalidade permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistros entre as diferentes administracións públicas e, no caso de Narón, a alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que da totalidade dos documentos, 38 dirixíronse ao Goberno central, 699 á Xunta de Galicia e os 122 restantes a outros concellos. “O Rexistro do Concello de Narón continuouse realizando tras decretarse o estado de alarma con quendas no persoal do servizo, realizando maioritariamente trámites telemáticos de documentos e certificados de empadroamento, que se enviaban aos solicitantes a través do correo electrónico”, recordou a alcaldesa. “En canto foi posible pola situación sanitaria, implantouse un servizo de cita previa para atención presencial con aforo limitado en todos os departamentos municipais, operativo dende o pasado 9 de maio a través dunha liña de teléfono habilitada específicamente para este fin”, indicou Ferreiro. Posteriormente, en concreto o pasado de 21 de xullo, hai un mes, o Concello retomou a atención presencial sen cita previa, atendendo a un protocolo establecido previamente que inclúe control de acceso facilitando datos persoais e aforo limitado. “Foi precisamente dende que se suprimiu a cita previa cando o Rexistro municipal experimentou un maior incremento de traballo en canto á tramitación de documentos dirixidos a outras administracións”, recalcou Ferreiro, que destaca o labor que se está levando a cabo dende o citado departamento para que a cidadanía de Narón e doutros municipios poida axilizar en moitos casos os seus trámites. “O feito de que moitos concellos da zona e administracións como a Xunta de Galicia continúen traballando cun sistema de cita previa que, en moitos casos, se asigna ás persoas que o solicitan para varios días ou incluso semanas despois da petición, fai que moitas persoas se vexan obrigadas a desprazarse a Narón para poder recibir ese servizo que en moitas ocasións depende duns prazos que non se poden retrasar”, recalcou a alcaldesa. “Incluso nos consta porque así nolo trasladan as persoas que acoden a Narón, que administracións como a Xunta ou o Concello de Ferrol, en certos casos recomendan telefónicamente a algunhas persoas que para axilizar o rexistro de documentos a través do Sistema de Interconexión de Rexistros se despracen a Narón, donde non hai que solicitar actualmente cita previa”, apuntou Ferreiro. Ferreiro asegurou que “o Concello de Narón foi implantando protocolos específicos para retomar determinadas funcións, ou neste caso a atención presencial, a medida que a situación sanitaria o permitiu, avanzando nun proceso de desescalada que é moi necesario para que as nosas veciñas e veciños, e tamén doutros concellos, poidan recibir a atención que precisan por parte das administracións, priorizando en todo momento as medidas de seguridade, tanto para as traballadoras e os traballadores como para a cidadanía que acode a realizar algúns trámites”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es