Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PAGOU HOXE AS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA" A 461 EMPRESAS E PERSOAL AUTÓNOMO DA CIDADE
O Concello abonou este mes 1.140.000 euros de axudas a máis de medio milleiro de empresas da cidade, tal e como destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 24 de agosto de 2020. O Concello fixo efectivo esta mañá o pago dos 999.000 euros correspondentes ás 461 axudas da segunda quenda do programa municipal “Narón impulsa”. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que o pasado venres avanzaba o pago das mesmas esta semana. “As empresas e persoal autónomo que cumpriron os requisitos da convocatoria terán ingresado dende hoxe, en función da entidade bancaria coa que traballen, o importe da axuda concedida, de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros segundo o caso”, apuntou a rexedora local. O ingreso é de 2.000 euros para 397 solicitudes, de 3.000 para outras 51 e do máximo importe contemplado, 4.000 euros, para as trece restantes, tal e como recordou Ferreiro. “Coas 461 axudas abonadas esta mañá e as 60 que se pagaron o pasado 12 de agosto, dende as arcas municipais desembolsáronse 1.140.000 euros para axudar ao sector empresarial da nosa cidade tralas graves consecuencias que a crise da Covid-19 xerou nos seus negocios, tendo que pechalos temporalmente ou vendo como se reducía considerablemente a súa facturación durante varios meses”, recalcou a alcaldesa. Destacou Ferreiro que o importe a recibir “suporá, cando menos, unha axuda para paliar eses efectos nas economías das empresas e autónomos da nosa cidade, cos que queremos colaborar na medida do posible ante esta grave situación que estamos atravesando”. O programa “Narón impulsa” dotouse cunha partida orzamentaria de tres millóns de euros e, realizados os pagos de 1,14 millóns, queda pendente a resolución das últimas solicitudes presentadas e que subsanaron máis tarde, pero en prazo, as deficiencias na documentación presentada, confiando en poder abonalas á maior brevidade, en canto se realicen as revisións oportunas”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es