Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACADA UNHA SUBVENCIÓN DE 84.000 EUROS PARA O PROXECTO "NARÓN, PRODUTOS DA RÍA"
A iniciativa permitirá poñer en valor produtos da ría e tratará de implicar ás entidades veciñais, ao sector hostaleiro e á cidadanía en xeral, tal e como avanzou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 1 de setembro de 2020. O Concello de Narón recibiu unha subvención de 84.458 euros para continuar desenvolvendo o proxecto “Narón, produtos da ría” durante este ano e o 2021. O edil de Promoción Económica, David Pita, indicou que dende a administración local se solicitou á Consellería do Mar esta subvención “para sufragar o 80% dos gastos dun proxecto máis ambicioso, que está orzamentado en 122.452 euros, aportando a cantidade restante para completar o importe total dende as arcas municipais”. “Con este proxecto continuaremos apostando dende o Concello por poñer en valor os produtos da nosa ría, apoiando a un sector que nestes momentos está atravesando unha situación complicada e co que tamén nos queremos implicar dende o goberno local”, asegurou Pita. O edil naronés indicou que “se tratará de implicar tamén ao movemento asociativo e ao sector hostaleiro da nosa cidade, considerando que poden xogar un papel fundamental neste proxecto no que queremos que participe toda a cidadanía”. Accións formativas, publicitación do proxecto e exaltación de produtos da ría, entre os máis destacados cinco especies de marisco de gran calidade que se capturan nesta ría: ostra salvaxe, zamburiña, ameixa rubia, mincha e carneiro, formarán parte desta iniciativa, tal e como recordou Pita. O obxectivo final é “continuar desenvolvendo dende o Concello accións encamiñadas a difundir a riqueza dos produtos da ría, artellando diferentes accións en colaboración cos sectores implicados e coa cidadanía en xeral e no que xogará un papel fundamental o Club Narón Gastronómico, creado no seu día para impulsar iniciativas como as que se desenvolven a través do proxecto “Narón, produtos da ría”. A axuda, procedente do Fondo Europeo Marítimo de Pesca solicitouse ao abeiro das estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP).

<<< Marzo 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es