Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTE NOS DOMICILIOS UNHA GUIA DE SERVIZOS PÚBLICOS
O díptico se achega co recibo de COSMA e recolle os teléfonos e enderezos de utilidade pública
Narón, 15 de Xuño de 2009.- O Concello de Narón iniciará esta semana o reparto a domicilio –a través dunha carta, xunto co recibo da auga e saneamento de COSMA- dunha guía de servizos, editada pola concellería desta rama, na que se recollen teléfonos e enderezos web de utilidade pública. Trátase dun díptico informativo no que inclúen referencias de distintos servizos: a Concellería de Servizos, a empresa de augas COSMA, o servizo de mantemento do Concello, o Punto Limpo de Río do Pozo, Protección Civil, e a Policía Local. O Concello aconsella chamar a COSMA en caso de rotura de tuberías ou averías no suministro; a mantemento en caso de observar algunha farola fundida na rúa, ou problemas no mobiliario urbán; ó Punto Limpo para desfacerse de colchóns, mobles vellos e electrodomésticos; a Protección Civil por situacións de risco para a poboación; e á Policía Local para dar avisos ou cuestións de seguridade e control do tráfico. Ademáis, no reverso do díptico inclúense outros teléfonos de interese coma o do Concello, o Pazo da Cultura, a Biblioteca do Alto, o Centro de Maiores, o Pavillón de A Gándara, o Centro de Saúde, Urxencias Sanitarias, Bombeiros, e Emerxencias. “Garde este díptico xunto ao teléfono, pode necesitalo en calquer momento” reza o folleto, que se enviará xunto con unha carta do Alcalde, Jose Manuel Blanco.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal