Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZA A ATENCIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS COA HABILITACIÓN DUN TELÉFONO DIRECTO
O número de teléfono central do Concello para contactar cos Servizos Sociais mantense e refórzase cunha nova liña que redirixe a departamentos específicos e tamén ofrece atención persoal
Narón, 16 de setembro de 2020. O Concello habilitou un novo número de teléfono para contactar co departamento de Servizos Sociais, co fin de atender as necesidades que actualmente presenta debido á situación sanitaria. As persoas que desexen contactar con este departamento municipal poden facelo chamando ao teléfono 981 111 024, dende donde se derivarán ás direfentes áreas dos Servizos Sociais a través de diferentes extensións ou, no caso de ser preciso, cunha persoa que poida axudarlles. A través dese novo número de teléfono, para falar coas traballadoras sociais hai que marcar a extensión 1; para dependencia ou por asuntos relacionados con familias numerosas o 2; para actividades educativas de maiores ou escolas infantís o 3; para informarse sobre axudas de material e comedores escolares ou bono-bus universitario o 4; para cursos, accións formativas e emprego o 5 e para subvención e bonificación de taxas o 6, debendo agardar para calquera outra consulta que se desexe realizar dun modo personalizado. A maiores, continuará operativo o número xeral do Concello, o 981 337 700, coa extensión 1108 para contactar cos Servizos Sociais, dende donde se solicita que se marque a extensión coa que se desexa contactar, podendo consultarse as mesmas a través da páxina web do Concello: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/ayuntamiento_directorio_telefonico/.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es