Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O vehículo localizarase o venres 25 nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o sábado 26 xunto á pista polideportiva da Solaina
Narón, 17 de setembro de 2020. Unha das unidade móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase dous días da vindeira semana á cidade. O venres 25 o vehículo localizarase nas inmediacións do centro de saúde do Alto, entre as 15.30 e as 21.00 horas e o día seguinte, o sábado 26, estará nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, de 10.00 a 15.00 horas. As persoas que poidan doar sangue poden reservar cita para facelo chamando previamente ao número de teléfono 900 100 828. É preciso que almorcen e esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, ademais, deben levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento. ADOS garante a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar, a través dos exhaustivos protocolos de seguridade establecidos para realizar este labor.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es