Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE INSTALACIÓN DE PARQUÉ E TARIMA, LIXADO E VERNIZADO CONVOCADO A TRAVÉS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
O período de presentación das solicitudes para cubrir as quince vacantes ofertadas rematará o vindeiro 5 de outubro, tal e como anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida
Narón, 30 de setembro de 2020. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o Concello mantén aberto o prazo de inscrición, ata o vindeiro 5 de outubro ás 13.30 horas, nun curso de “Instalación de parqué e tarima, lixado e vernizado”, do Programa municipal de Formación. A edil indicou que se ofertan un total de quince prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Esta acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que non deben ter concedido outro curso do programa de formación municipal coincidente temporalmente na realización. O curso consta dun total de 400 horas e está previsto impartilo do 13 de outubro ao 23 de decembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O horario previsto serían oito horas diarias, de luns a venres de 7.00 a 15.00 horas na aula, e as prácticas en empresa realizaranse no horario que se determine, tamén durante oito horas diarias (ata completar as 100 incluídas no cómputo total das 400 do curso). O alumnado abordará temas como Prevención de riscos laborais e ambientais específicos do sector; Equipos e medios de aplicación de vernices e lacas; Tipos de chans de madeira e derivados, características, materiais e usos; Complementos (rastreis, illamento, fixación, ferraxes…); Lixado: finalidade e técnicas; Lixas: tipos, características, parámetros de desgaste, etc. As inscricións poden presentarse no Rexistro do Concello (hoxe de 8.30 a 13.00 e dende mañá ata o 5 de outubro de 8.30 a 13.30 horas), na Sede Electrónica de Narón ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á páxina web do Concello (www.naron.es, no apartado de Formación) ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal