Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ ESTE XOVES DE COR AZUL A ROTONDA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA DA DISLEXIA
O Concello de Narón adheriuse a unha campaña para visibilizar este trastorno neurobiolóxico, tal e como indicou Santiago Galego, edil de Sanidade
Narón, 7 de outubro de 2020. O vindeiro xoves, día 8, conmemórase o Día da Dislexia e co fin de dar visibilidade a este trastorno o Concello de Narón iluminará de cor azul a glorieta de Freixeiro, na noite do xoves ao venres. Así o anunciou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, que recalcou que “decidimos sumarnos á campaña #UnidosPorLaDislexia para apoiar tamén a petición de diferentes colectivos, entre eles a Asociación Dislexia y Familia e a Federación Española de Dislexia, para que as Nacións Unidas recoñezan o 8 de outubro como o Día Mundial da Dislexia. Dende diversas entidades inciden en que a detección e actuación precoces son imprescindibles para evitar o fracaso escolar e tamén persoal da xente afectada por este trastorno neurobiolóxico. Galego asegurou que dende o goberno local xa se trasladou á Asociación Dislexia y Familia e á Federación Española de Dislexia a adhesión a esta campaña para apoiar ao colectivo.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es