Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEARÁ A VINDEIRA SEMANA CON VARIAS INICIATIVAS ÁS FAMILIAS QUE SOFREN UNHA MORTE XESTACIONAL OU PERINATAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Sanidade, Santiago Galego, presentaron hoxe as propostas xunto con Almudena Rodríguez e Beatriz Brage, presidenta e vicepresidenta, respectivamente da asociación Bolboretas no Ceo Norte
Narón, 9 de outubro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, presentaron esta mañá no Concello xunto con Almudena Rodríguez e Beatriz Brage, presidenta e vicepresidenta respectivamente da asociación Bolboretas no Ceo Norte, os actos que se levarán a cabo a vindeira semana no municipio para rendir unha homenaxe ás familias que sofren unha morte xestacional ou perinatal. Ferreiro anunciou que o vindeiro xoves, día 15, se levará a cabo no cemiterio municipal, ás 12.30 horas, a plantación dunha árbore en recordo do colectivo. “Plantarase un teixo, como símbolo da eternidade, en recordo de todas esas persoas que afrontaron ou afrontan unha situación tan complicada como a morte das súas fillas ou fillos durante o embarazo, o parto ou mesmo ao pouco tempo de nacer”, explicou a rexedora local. Ao acto acudirán, ademáis da alcaldesa e outros representantes da corporación local, integrantes da Asociación Bolboretas do Ceo Norte, unha entidade de Narón e que aglutina a varias familias. Almudena Rodríguez e Beatriz Brage incidiron en que “queremos dar moitísimas grazas ao Concello de Narón pola implicación neste acto” e subliñaron a importancia que a plantación desta árbore ten para as familias “que non temos un lugar donde levar flores nin recordar aos nosos fillos ou fillas”. Así mesmo, destacaron que “as despedidas son moi importantes e non se teñen en conta neste caso”. O edil de Sanidade naronés recordou que mañá se conmemora o Día Mundial da Saúde Mental e indicou que “o traballo que fai este colectivo é moi importante para que as familias non teñan un agravante a maiores do duelo que teñen que pasar pola perda dos sus fillos ou fillas”. Finalmente, Ferreiro avanzou que, como mostra de apoio e solidariedade coas familias, tamén se iluminará do 15 ao 18 deste mes a rotonda de Freixeiro de cor azul e rosa. Ferreiro e Galego valoraron o traballo da asociación Bolboretas no Ceo Norte e comprometeron o respaldo do goberno local “a este tipo de iniciativas coas que poder aportar o noso grao de area e apoiar ás familias que sufren unha morte de tipo xestacional ou perinatal”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es