Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO CONTACONTOS PARA BEBÉS, QUÉ ANIMALIÑO É? E NUN OBRADOIRO PARA PERSOAS ADULTAS, CÓMO CONTAR CONTOS?
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á cidadanía a participar nestas novas actividades do mes de outubro que terán lugar nas instalacións da Biblioteca pública municipal
Narón, 13 de outubro de 2020. A Biblioteca pública municipal abre a partir desta tarde ás 16.00 horas o prazo para inscribirse no contacontos infantil Qué animaliño é? que terá lugar o sábado 17 de outubro ás 11.00 horas, con Trémola Teatro, para bebés de 0 a 3 anos. Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos/as da casa poidan coñecer os distintos animais. Qué animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, comñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, informou de que, así mesmo, a partir do mércores 14 de outubro ás 16.00 horas abrirase o prazo de inscrición nun obradoiro formativo en narración oral, Cómo contar contos, dirixido a persoas adultas e que terá lugar o mércores 21 de outubro. A través de dinámicas e exercicios as persoas participantes aprenderán as técnicas básicas da narración oral. Taibo animou á participación da cidadanía nestas novas actividades que seguen os protocolos recomendados por Sanidade como prevención da Covid-19. As inscricións deberán efectuarse no mostrador da sala de adultos/as na Biblioteca pública municipal ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal